Olimpio, Exarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOlimpio, Exarca
Nome orixinal(grc) Ὀλύμπιος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Morte652 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Exarca de Ravenna
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial Editar o valor em Wikidata

Olimpio (morto en 652) foi un exarca de Rávena (649652).

Antes do seu mandato como exarca, Olimpio foi un chambelán imperial en Constantinopla. En 649 o emperador bizantino Constante II ordenou a Olimpio que prendese ao Papa Martiño I baseándose en que a elección do Papa non fora sometida á aprobación do emperador. Constante estaba preocupado pola condena de Martiño á herexía monotelita; temía que rexurdise o conflito relixioso que asolara o imperio con anterioridade. Olimpio intentou gañarse o apoio dos cidadáns de Roma e o dos bispos; disque considerou ordenar o asasinato de Martiño. Ningunha das súas accións, con todo, tivo moito éxito.

Finalmente Olimpio decidiu cambiar os seus aliados e tomou partido polo Papa, proclamándose, á vez, emperador. Marchou contra Sicilia en 652, para combater os sarracenos ou ás forzas bizantinas que alí estaban. O seu exército foi esnaquizado por unha enfermidade descoñecida, que matou o mesmo Olimpio ese mesmo ano.

Exarcado de Rávena

Segue a:
Teodoro I
Olimpio, Exarca
Precede a:
Teodoro I