O home co casco de ouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O home co casco de ouro
e
ArtistaCírculo próximo de Rembrandt
Técnicaóleo sobre lenzo
MovementoBarroco; pintura do Século de ouro neerlandés
Dimensións67.5 cm × 50.5 cm
LocalizaciónGemäldegalerie (Berlín)

O home do casco de ouro (ca. 1650) é un óleo sobre lenzo que antes se atribuía ao pintor holandés Rembrandt e que hoxe se considera unha obra de alguén do seu círculo. O home do casco de ouro é un exemplo da pintura holandesa do Século de Ouro e forma parte da colección da Gemäldegalerie de Berlín.

Descrición[editar | editar a fonte]

A imaxe mostra a un home ancián diante dun fondo escuro cun casco dourado rechamante na cabeza.

O casco é o suxeito dominante do cadro grazas á súa cor e luz e á aplicación do impasto, fronte ao que o rostro medio iluminado e o fondo escuro cobran menos importancia.

Atribución[editar | editar a fonte]

Categorizada como obra de Rembrandt durante moitos anos, en 1984 unha comisión de comisarios neerlandesa creada especificamente para investigar obras de Rembrandt de cuestionable autenticidade expresou dúbidas sobre a súa procedencia. Fixeron as súas observacións mentres contemplaban a pintura en Berlín Occidental.

En novembro de 1985, o experto en arte con sede en Berlín Jan Kelch anunciou que os detalles importantes do estilo da pintura non coincidían co estilo das obras coñecidas de Rembrandt, e que probablemente a pintura foi pintada en 1650 por un dos estudantes de Rembrandt.

"Non é unha falsificación", afirmou Kelch. "Segue sendo unha gran obra maxistral".[1]

Documentación[editar | editar a fonte]

Esta pintura foi documentada por Hofstede de Groot en 1915, quen escribiu:[2]

261. AN ELDERLY MAN WITH A GILT HELMET. B.-HdG. 356. He is turned a little to the right; his eyes are cast down. He wears a dark coat with purplish-red sleeves. On his head is a richly wrought gilt helmet with ear-pieces and a plume of short white and red feathers. Dark background. Strong light falls from the left at top on tin helmet and, touching the face as it passes, on the breast. Life size, half-length. The sitter is identified as Rembrandt's brother Adriaen. But as Adriaen was a poor shoemaker in Leyden while Rembrandt lived in Amsterdam, and as moreover Adriaen van Rijn died in 1652 while this model occurs in pictures of the year 1654, the identification is not very probable. Painted about 1650. See the notes to 384 and 442; cf. 420, 423.


261. HOME VELLO CON CASCO DE OURO. B.-HdG. 356. Xírase un pouco á dereita; os seus ollos están mirando cara abaixo. Leva un abrigo escuro con mangas de cor entre roxo e violeta. Na súa cabeza hai un casco de ouro ricamente tallado con orelleiras e un penacho de plumas curtas brancas e vermellas. Fondo escuro. Unha luz forte cae dende a esquerda pola parte superior sobre o casco de metal e, tocando a cara ao seu paso, sobre o peito. Tamaño natural, medio corpo. O rapaz identifícase co irmán de Rembrandt, Adriaen. Pero dado que Adriaen era un zapateiro pobre en Leyden mentres Rembrandt vivía en Amsterdam, e como Adriaen van Rijn tamén morreu en 1652 mentres este modelo aparece en pinturas do ano 1654, a identificación non é moi probable. Pintado arredor de 1650. Véxase notas en 384 e 442; cf. 420, 423.

Lenzo, 26 1/2 polgadas por 20 1/2 polgadas.

Exposto en Amsterdam, 1898, no 75.

Mencionado por Wilhelm von Bode|Bode, Oud Holland, 1891, p. 4; polo doutor Laban, Zeitschrift für bildende Kunst, 1898, pp. 73, etc.

Adquirido da colección De Bockart, Friburgo, Suíza, polos comerciantes londinenses P. e D. Colnaghi; foi mercado en 1897 e exponse no Museo Kaiser Friedrich, en Berlín, catálogo de 1911, no 8llA.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Painting not Rembrandt's: Expert", The Ottawa Citizen, 20 de novembro de 1985, P. D20
  2. Hofstede de Groot, Cornelis; Smith, John; Hawke, Edward G. (Edward George) (1908-). A catalogue raisonné of the works of the most eminent Dutch painters of the seventeenth century based on the work of John Smith. Translated and edited by Edward G. Hawke. London Macmillan. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]