OCP Art Studio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

OCP Art Studio é un programa de deseño gráfico realizado por Rainbird Software para o CPC Amstrad, Commodore 64 e ZX Spectrum en 1985.

O software estaba deseñado para traballar remedando ó McPaint de Apple, o máis exitoso dos programas gráficos da época para ordenadores domésticos, pero en cor. Podíase utilizar con teclado, joystick e o que era unha novidade para a época, con rato xa que se manexaba mediante unha frecha que facía de punteiro e que se desprazaba por toda a pantalla. O programa tamén utilizaba fiestras, para cada unha das opcións, e iconas, para os modos de actuación.