Nyugat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nyugat ("Occidente") foi a revista fundamental da literatura húngara do século XX. Publicouse en Budapest entre o 1 de xaneiro de 1908 e o 1 de agosto de 1941. O seu primeiro número non se publicou como di a súa portada o 1 de xaneiro de 1907 senón no Nadal de 1907. A revista xogou un papel moi importante na renovación da literatura húngara e nela colaboraron autores relevantes da época como Dezső Kosztolányi. Acabou pechondo coa morte de Mihály Babits en 1941. Na portada pode verse a medalla conmemorativa de Kelemen Mikes de Beck Ö. Fülöp.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]