Nuctenea umbratica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nuctenea é un xénero de arañas araneomorfas da familia Araneidae. Localízase na zona paleártica.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome da especie umbrática significa, en latín, «vivir nas sombras».

Descrición[editar | editar a fonte]

A araña tecedora de orbe de nogueira ten forma ancha e aplanada. A súa cor varía dende tons pardos a negro cunha pinta de cor amarela escura en forma de folla opistosoma.

As femias poden acadar ata 15 mm. de tamaño, mentres que os machos só chegan a medrar ata 8 mm.

Durante o día agóchanse nas fendas ou baixo as cascas das árbores. Son moi comúns en toda Europa e as femias adoitan verse durante todo o ano e os machos soamente durante o estío. A súa forma aplanada facilítalle o acceso ás fendas, polo que lles é moi fácil ocultarse en espazos moi reducidos. Esta característica permítelle construír redes orbe en diversas situacións.