Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As nitrospiras ou Nitrospirae (ás veces Nitrospira, como a clase) é un filo de bacterias, que contén só unha clase (Nitrospira), cun só orde (Nitrospirales) e unha soa familia (Nitrospiraceae). Inclúe varios xéneros, o máis importante Nitrospira. O primeiro membro do filo, descuberto en 1985, foi Nitrospira marina. [1] O segundo membro foi Thermodesulfovibrio yellowstonii, descuberto en 1994.[2] O terceiro membro foi Nitrospira moscoviensis, descuberto en 1995 nunha tubería oxidada de Moscova. [3][4]
O xénero Nitrospira ten un metabolismo autótrofo nitrificante, e oxida nitritos a nitratos, pero carece das membranas internas típicas doutras bacterias nitrificantes. O xénero Leptospirilum é un quimiolitótrofo que oxida ferro e abunda nas minas de ferro e carbón. O xénero Thermodesulfovibrio é termófilo, vive en fontes termais e reduce sulfato. [5]
O cladograma mostra a taxonomía aceptada actualmente do grupo baseada na LPSn (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [6] e a filoxenia está baseada nos datos do ARNr de 16 S do LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree Project. [7]
Notas:
♠ Estirpes atopadas no NCBI (National Center for Biotechnology Information) pero non na LPSN.
- ↑ Stanley W. Watson, Eberhard Bock, Frederica W. Valois, John B. Waterbury and Ursula Schlosser (1994). "Nitrospira marina gen. nov. sp. nov.: a chemolithotrophic nitrite-oxidizing bacterium.". Arch Microbiol 144 (1): 62-9. PMID 11541228.
- ↑ Henry EA, Devereux R, Maki JS, Gilmour CC, Woese CR, Mandelco L, Schauder R, Remsen CC, Mitchell R. (1986). "Characterization of a new thermophilic sulfate-reducing bacterium Thermodesulfovibrio yellowstonii, gen. nov. and sp. nov.: its phylogenetic relationship to Thermodesulfobacterium commune and their origins deep within the bacterial domain.". Arch Microbiol 161 (1): 1–7. DOI:10.1007/BF00454947.
- ↑ Ehrich S, Behrens D, Lebedeva E, Ludwig W, Bock E (1995). "A new obligately chemolithoautotrophic, nitrite-oxidizing bacterium, Nitrospira moscoviensis sp. nov. and its phylogenetic relationship.". Arch Microbiol 164 (1): 16–23. DOI:10.1007/BF02568729. PMID 7646315.
- ↑ Ver NCBI webpage on Nitrospirae Datos de "NCBI Taxonomy Browser". National Center for Biotechnology Information. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/taxonomyhome.html/index.cgi. Consultado o 5 xullo 2012.
- ↑ M. Madigan, J. Martinko, J. Parker. Brock Microbiología de los Microorganismos. Pearson-Prentice Hall. (2004). 10ª edición. Páxina 439. ISBN 84-205-3679-2.
- ↑ Ver List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Datos de "Nitrospirae". http://www.bacterio.cict.fr/classifphyla.html#Nitrospirae. Consultado o 5 xullo 2012.
- ↑ See the All-Species Living Tree Project [1]. Data extracted from the "16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)". Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. http://www.arb-silva.de/fileadmin/silva_databases/living_tree/LTP_release_106/LTPs106_SSU_tree.pdf. Consultado o 5 xullo 2012.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]