Nicrosil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O nicrosil é unha aliaxe de níquel que contén arredor dun 14,4% de cromo, 1,4% de silicio e, nalgunhas fontes, 0,1% de magnesio.[1][2]

O nicrosil é usado como a parte positiva dos termopares de tipo N. Nesta aplicación, outra aliaxe de níquel, o nisil, é usada como a parte negativa. Neste caso, o nicrosil non contén magnesio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nicrosil". kanthal.com (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2022. 
  2. "Nicrosil". quimica.es (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2022.