Nicol David

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDatuk Editar o valor em Wikidata
Nicol David

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Penang, Malaisia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaÁmsterdam Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeMalaisia Editar o valor em Wikidata
Altura163 cm Editar o valor em Wikidata
Peso55 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de squash Editar o valor em Wikidata
DeporteSquash Editar o valor em Wikidata
Participou en
20192018–19 PSA Women's World Squash Championship (en) Traducir ../... 25+ Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webnicoldavid.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: NicolDavid Editar o valor em Wikidata

Nicol David, nada en Penang o 26 de agosto de 1983, é unha ex-xogadora de squash malaisiana, considerada un dos meirandes xogadores de deportes de raqueta [1] que foi campioa do mundo de squash 108 meses consecutivos (2006-2015)[2] e gañou 8 campionatos do mundo de squash entre 2005 e 2014.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Ann Marie David, profesora malaisiana chinesa de orixe hokkien e hakka e Desmond David, un enxeñeiro malaisiano indio de orixe támil[3] e antigo futbolista que xogou equipo de Penang que levou a copa de Malaisia en 1974[4]. Nicol ten dúas irmás máis vellas, Lianne e Cheryl[5], tamén xogadoras de squash en competicións nacionais[6]. Educada na fe católica [7], realizou estudos de primaria e secundaria no colexio e e máis no instituto público feminino, de orixe católica, Convent Green Lane de George Town[8].

Deportista amadora[editar | editar a fonte]

David principiou a xogar ao squash con cinco anos e comezou a recibir adestramento formal con oito [9]. Ee Phoeh Hoon adestrouna no centro de squash de Bukit Dumbar para representar ao seu estado natal[10] e en 1992 logrou o seu primeiro éxito no campionato júnior de Penag, ao se facer coa medalla de prata en sub 14, e logo conseguiu tamén a medalla de prata no campionato júnior interestatal dese ano en sub 16[11]. En 1994 estivo entre as elixidas para formar parte do equipo de squash de Penang nos Xogos de Malaisia que logrou a medalla de prata[12]; nese ano acadou tamén os seus primeiros dous títulos internacionais, o de Hong Kong sub 13 e o Aberto de Escocia sub 12[11]. A partir de 1995 adestrouna Richard Glanfield[7] e en agosto de 1997 logrou pasar a cuartos de final nos Campionatos do Mundo Júnior de Squash que se celebraron no Brasil. En decembro de 1998 nos Xogos Asiáticos logrou a medalla de ouro[13].

Nicol, con quince anos, gañou os campionatos do mundo júnior de squash de 1999 logo de vencer á súa compatriota Lynn Leong por 9-5, 9-3 e 9-2 na final en Anveres, e con quince anos converteuse na campioa júnior mundial máis nova[13]. Tamén en 1999 gañou o aberto júnior británico [14], os xogos do sueste de Asia, sénior e por equipos[15].

Primeiros anos como profesional[editar | editar a fonte]

Nicol ao devolver a bóla á inglesa Jenny Duncalf durante un partido do Open de Malaisia de 2007
Nicol David e a neozelandesa Shelley Kitchen durante a final do Open de Malaisia de 2007
Nicol co trofeo de gañadora do Open de Malaisia de 2007
Nicol durante o Open de Malaisia de 2008

No ano 2000 David entrou na WISPA e pasou a profesional[16], ao mes gañou o seu primeiro título WISPA ao derrotar en febreiro a Salma Shabana na final do aberto de Finlandia por 9–1, 9–0 e 9–5 e tornou a muller máis nova en conseguir ese título[17].

En 2001 David, que xogara so o patrocinio de Dunlop Sport durante a maior parte da súa carreira como amadora e ao comezou da súa etapa profesional, asinou un acordo para xogar con raquetas Head coa empresa local Mulpha Sports[18]. En xullo defendeu con éxito o título de campioa do mundo júnior en Penang, co que se tornou na única xogadora en gañar o título dúas veces[19] ata 2007 ao gañar Raneem El Weleily o seu segundo campionato[19]. David tamén gañou en individuais nos Campionatos de Asia Júnior ao derrotar á súa compatriota Tricia Chuah na final por 9–5, 9–6 e 9–0[20].

En 2002 derrotou a Ellen Petersen de Dinamarca por 9–2, 9–7, 8–10 e 9–4 e gañou así o seu segundo aberto de Kuala Lumpur[21] e en agosto con Ong Beng Hee, gañou unha medalla de prata en dobres mixtos nos Xogos da Commonwealth logo de perder na final con Glen Wilson e Leilani Rorani[22]. David non puido reter a medalla de ouro nos Xogos de Asia de 2002 tras perder por 9–7, 9–5 e 9–7 contra Rebecca Chiu de Hong Kong na final que se celebrou en Busan[23].

En novembro de 2003 chegou á final do Monte Carlo Classic, mais perdeu contra da inglesa Linda Charman[24]. Nos Campionatos do Mundo de Hong Kong chegou á semifinal pero non se puido impoñer á inglesa Cassie Jackman e caeu por 9–6, 9–3, 9–4 na final en decembro[25]. Noutras competicións importantes da WISPA non xogou ben, quedou eliminada á primeira na Carol Weymuller US Open[26] e na primeira rolda do British Open[27] e tampouco chegou á primeira rolda no Open de Texas [28]. No Qatar Classic Open perdeu contra Natalie Grinham na segunda rolda por 9–2, 7–9, 9–0 e 9–4.

No ano 2004 non logrou título ningún. Así e todo, chegou á final do Open de Kuala Lumpur en febreiro[29] e máis do de Malaisia[30], acadou en novembro a final do Shanghai WISPA WorldStars Championship[31] e en decembro as semifinais do Campionato do Mundo e logou subir dous lugares para se colocar cuarta nos índices da WISPA en xaneiro de 2005 [32].

Ascenso ao liderado mundial[editar | editar a fonte]

En xullo, Nicol, gañou a medalla de ouro nos Xogos Mundiais que se celebraron en Alemaña[33] e de volta en Malaisia converteuse na primeira xogadora local en gañar o Aberto de Malaisia nos seus 31 anos de historia[34] e en outubro logou outro grande éxito ao se converter na primeira malaisiana en gañar o British Open logo de derrotar a australiana Natalie Grinham nunha final que durou 55 minutos [35]. Ao pouco gañou o Campionato do Mundo que se celebrou en Hong Kong. Nunha votación en decembro de 2005 as compoñentes da Women's International Squash Players Association votárona como a mellor xogadora WISPA do ano 2005.[36]. David ascendeu á número un da clasificación en xaneiro de 2006 e con 23 anos converteuse na primeira malaisiana e primeira asiática en acadar esa posición[37]

O ano 2006 non principiou ben para David, perdeu dúas veces en finais fronte a Vanessa Atkinson en febreiro no Apawamis Open[38] e máis no de Kuala Lumpur[39]. Esas dúas derrotas supuxeron a caída de David ao número dous[40]. Non obstante, ao longo do ano foi en progreso, coa consecución de seis títulos, e volveu de novo encabezar a clasficación mudial[41]. O 25 de novembro defendeu con éxito o seu título do Campionato do Mundo no Ulster Hall de Belfast ao derrotar a Natalie Grinham na final, recoñecida como unha das grandes finais do Campionato do Mundo feminino[42], e converteuse na primeira deportista malaia en gañar un título mundial pola segunda volta consecutiva, e a cuarta persoa na historia en reter un campionato mundial de squash[43]. David tamén obtivo o Qatar Classic Open, o British Open Championship, o Open de Hong Kong, o de Penang e o máis o de Malaisia. En decembro mantiña o seu liderado, con case o dobre de puntos que a súa máis inmediata rival, Rachael Grinham[44], e nese mes nos segundos premios WISPA votárona como a mellor xogadora do ano pola segunda volta.

Anos de dominio mundial[editar | editar a fonte]

Nicol nun partido do Open de Hong Kong de 2009
Nicol co trofedo de vencedora do Open de Malaisia de 2009

Nos primeiros meses de 2007 logrou seis títulos, non obstante, perdeu na final do British Open contra da australiana Rachael Grinham nun partido de cinco sets que durou 87 minutos[45] e un mes despois non logrou defender o seu título mundial ao perder na segunda rolda contra Shelley Kitchen por 0–9, 1–9, 9–2, 9–3 e 6–9 en 69 minutos[46] e por primeira volta dende abril de 2004 non se cualificou para os cuartos nun torneo. En decembro, David gañou o recentemente instituído premio á mellor deportista asiática do ano, superando a máis de 100 competidoras que representaban 25 deportes[47].

No ano 2008 gañou dez títulos e non perdeu partido ningún[48]. En febreiro gañou o Open Apawamis e continuou co Open de Kuala Lumpur, o British Open, o Open de Seúl, o Open de Malaisia, o Sigapure Masters, o Open dos Países Baixos, o Campionato do Mundo en Inglaterra, o Qatar Classic e no seu ano máis exitoso ata daquela retivo o Open de Hong Kong title por terceiro ano consecutivo; invatida dende outubro de 2007 completou 53 partidos sen perder[49]. Tamén conseguiu o seu sexto Campionato de Asia e liderou o equipo de Malaisia que logrou a medalla de bronce no Campionato por Equipos do Mundo no Cairo.

No primeiro torneo do ano 2009, o Open de Kulala Lumpur, perdeu fronte a Natalie Grainger e puxo fin a 56 partidos e 17 meses sen perder[50] mais recuperou o camiño da vitoria no primeiro Open das Illas Caimán ao vencela por 11–8, 11–6 e 11–5 na final[51] e unha semana despois lograba no Open de Texas o seu segundo título do ano, e de novo o vencer a Grainger, desta volta en catro sets[52] e tres semanas despos lograba o seu segundo Open de Seúl ao derrotar a Jenny Duncalf en catro sets[53]. Un mes despois, o 24 de xullo, retiña o título dos Xogos do Mundo ao gañar a Natalie Grinham nos Países Baixos[54] e o 1 de agosto lograba a súa quinta vitoria consecutiva no Open de Malaisia, ao gañar por 11–6, 11–8, 9–11, 11–7 nun partido de 60 minutos contra da inglesa Alison Waters. David tornou na primeira xogadora en gañar cinco títulos do Open de Malaisia dende a súa creación en 1975. Ao pouco gañou o seu terceiro campionato consecutivo no Singapore Masters ao vencer a Natalie Grinham por 11–9, 11–8 e 11–9 [55]. O 12 de setembro perdeu contra Madeline Perry nos cuartos de final do British Open; non obstante, quince días despois recuperouse da súa derrota ao vencer a Natalie Grinham na final do campionato mundial e lograr o título por cuarta volta aínda que rematou o ano con derrotas ao perder nas semifinais contra Jenny Duncalf no Qatar Classic e máis no Open dos Estados Unidos[56].

Nicol co trofeo como campioa do mundo de 2014

No seu primeiro torneo de 2010, en marzo no Open de Chennai, gañou sen problemas todos os partidos e levou o título, logo de vencer a Jenny Duncalf[57]. Un mes despois, no Open de Kuala Lumpur, derrotou á exipcia Omneya Abdel Kawy para se facer co seu segundo título WISPA do ano[58]. Logo gañou outros cinco títulos, entre eles o campionato do mundo en Exipto o 22 de setembro, o quinto da súa carreira e, xa que logo, igualaba a marca de Sarah Fitz-Gerald[59]. En outubro nos Xogos da Commonwealth en Delhi derrotou a Jenny Duncalf por 11–3, 11–5, 11–7 nun partido de 40 minutos e fíxose co ouro[60]. Decontado participou no Torneo Internacional Bicentenario de México 2010 en Toluca, onde bateu a Rachael Grinham por 12-10, 11-4, 11-5 na súa 34ª vitoria consecutiva[61]. En novembro fíxose por cuarta volta co Qatar Classic ao vencer a Rachael Grinham por 11–5, 11–8 e 11–9 en só 34 minutos, o que supuña o seu 50º título WISPA. Nos Xogos de Asia logrou a medalla de ouro ao derrotar a Annie Au de Hong Kong por 11-8, 8-11, 11-6 e 11- 7 na cidade chinesa de Cantón e formou parte do equipo de Malaisia que logrou outra medalla de ouro ao superar tamén ao equipo de Hong Kong.

En febreiro de 2011 perdeu no Cleveland Classic fronte á inglesa Laura Massaro por 9-11, 7-11, 11-9 e 8-11 co que rematou un período de 14 meses sen perder. Un mes máis tarde participou no equipo malaisiano que participou na copa do mundo WSF en Chennai, na India, mais en semifinais deixou o lugar para que Low Wee Wern tivera unha oportunidade para participar, así e todo, o equipo malaisiano perdeu 2-1 contra Inglaterra. O 20 de marzo gañou o Open de Kuala Lumpur pola sétima volta logo de bater a Madeline Perry por 11– 6, 11-6 e 11–2 en só media hora. Nesa tempada tamén gañou cinco dos seis torneos das series mundiais.

Na tempada 2013 aínda que logrou tres dos cinco torneos das series mundiais, non puido facerse co British Open, un dos torneos máis prestixiosos, nin co campionato mundial que foron para Laura Massaro. En 2014 gañou tres dos catro títulos das series mundiais, British Open, Open de Hong Kong e US Open, e conseguiu o seu oitavo campionato do mundo ao vencer a Raneem El Weleily na final logo de salvar catro bólas de partido no cuarto xogo[62].

Retirada progresiva da elite mundial[editar | editar a fonte]

Dende setembro de 2015 o circuíto feminino adoptou a mesma altura de chapa (tin) que a do circuíto masculino (pasou de 48 a 43 cm) para favorecer o xogo de ataque[63] e o mesmo mes David perdeu o primeiro posto da clasficicación mundial en beneficio da exipcia Raneem El Weleily[64]. En decembro logrou o seu décimo título no Open de Hong Kong contra Laura Massaro e rematou o ano como a terceira xogadora mellor clasificada, pero non logrou título ningún en 2016 e baixou ao sétimo posto da clasificación mundial.

En 2017 obtivo o seu derradeiro título no torneo de Ciudad de Floridablanca ao se beneficiar da grave ferida nas semifinais da favorita Amanda Sobhy[65]. En febreiro de 2019 anunciou a súa retirada deportiva ao rematar esa tempada[66] e disputou o seu derradeiro partido como profesional no British Open contra Nour El Tayebm, que resultou gañadora[67].

En xullo de 2022 fundou coa ex-xogadora colombiana Mariana de Reyes, a Nicol David Organisation, dedicada a darlle adestramento de squash e clases de inglés[68] a nenos e nenas malaisianos nun programa a cinco anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ramy Ashour - the world's greatest racquet-sport player?". BBC. 21 de maio de 2013. 
  2. Schwartz, David Asa (2021). Modern Sports around the World: History, Geography, and Sociology. ABC-CLIO. p. 290. 
  3. "Another Tamil gold medalist". Thamarai¡. 13 de outubro de 2010. 
  4. "Piala Malaysia 1974". Legasi Lagenda. 30 de novembro de 2021. 
  5. "Nicol carries her family values closely throughout her success". Buletin Mutiara. 8 de febreiro de 2021. 
  6. "Cheryl David". squashinfo.com. 
  7. 7,0 7,1 "Examing Nicol David". Squash Player. 2001. 
  8. "SMK Convent Green Lane needs more funds". The Sun Daily. 10 de abril de 2015. 
  9. "Up close with Nicol David". New Straits Times. 15 de agosto de 2014. 
  10. Gupta, R. K. (25 de xuño de 2015). "Squash Queen Nicol David Writes Her Name in History as Longest-Reigning World No. 1". Kridangan. 
  11. 11,0 11,1 "Hotel Equatorial announces Worldwide Sponsorship of Nicol David". Squash Player. 5 de marzo de 2000. 
  12. "Thank You Malaysian Squash Queen, Datuk Nicol David". Varnam Malaysia. 19 de febreiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2022. Consultado o 25 de novembro de 2022. 
  13. 13,0 13,1 "Nicol cruises to title.". Squash Player. agosto de 1999. 
  14. "History". SquashSite. 
  15. "SEA Games: Malaysia's five greatest athletes at the Games". Yahoo News. 9 de maio de 2022. 
  16. Singh, Aftar (5 de marzo de 2009). "Squash: $pecial reward for Nicol". The Star. 
  17. "Malaysian Squash Star Nicol Ann David Leads 'Greatest Athlete of All Time' Poll". Yahoo! News. 14 de xaneiro de 2021. 
  18. "Head gains positive image". Squash Talk. 15 de xullon de 2001. Archived from the original on 20 de xullo de 2008. Consultado o 28 de novembro de 2022. 
  19. 19,0 19,1 "Raneem El Weleily Celebrates World Double In Hong Kong". Squash Player. 2 de agosto de 2007. 
  20. "Results of Asian Junior Squash Championship from 1997–2005". Indian Squash Professionals. Consultado o 12 de marzo de 2010. 
  21. "Ellen in Nicol’s way". The Star. 12 de febreiro de 2004. 
  22. "Commonwealth games results". BBC. 12 de agosto de 2002. 
  23. Sallay, Alvin (21 de setembro de 2014). "Inside Incheon: Golden memories flood back for Rebecca Chiu". 
  24. "Charman captures Monaco title". Squash Player. 22 de novembro de 2003. 
  25. "World champions prevail". Squash Talk. 12 de decembro de 2003. Archived from the original on 04 de xuño de 2011. Consultado o 29 de novembro de 2022. 
  26. "Carol Weymuller US Open 2003". Squash Player. 16 de outubro de 2003. 
  27. "British Open Squash 2003". Squash Player. Consultado o 29 de novembro de 2022. 
  28. "Owens retains texan title in Dallas". Squash Player. 30 de marzo de 2003. 
  29. "Atkinson breaks local hearts". Squash Player. 15 de febreiro de 2004. 
  30. "Atkinson destroys home hopes in Malaysian Open". Squash Info. 25 de xullo de 2004. 
  31. "Joyful Jackman Celebrates Shanghai Victory". Squash Info. 21 de novembro de 2004. 
  32. "Grinham holds onto top spot". WISPA. xaneiro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2022. 
  33. "Nicol David Realizes Malaysia's Hopes by Winning World Title.". Squash Talk. 4 de decembro de 200. Archived from the original on 03 de decembro de 2010. Consultado o 01 de decembro de 2022. 
  34. "David does it at home.". WISPA. 30 de xullo de 2005. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 01 de decembro de 2022. 
  35. "David is British Open champion.". WISPA. 18 de outubro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 01 de decembro de 2022. 
  36. "Nicol David honoured by WISPA.". WISPA. 22 de decembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 01 de decembro de 2022. 
  37. "Nicol David Confirmed As World Number One". WISPA. 30 de decembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 02 de decembro de 2022. 
  38. "2006 Apawamis Open WISPA". Squash Talk. 6 de febreiro de 2006. Archived from the original on 26 de febreiro de 2010. Consultado o 02 de decembro de 2022. 
  39. "Vanessa vanquishes David dream in KL". Squash Player. 14 de febreiro de 2006. 
  40. "Vanessa Atkinson Retains World No1 Ranking". WISPA. 2 de maio de 2006. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 02 de decembro de 2022. 
  41. "Nicol David Reclaims World Number One Ranking". WISPA. 1 de agosto de 2006. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 02 de decembro de 2022. 
  42. "Nicol David fights to the death for her second World Open title". Squash Talk. 25 de novembro de 2006. Archived from the original on 16 de xullo de 2011. Consultado o 02 de decembro de 2022. 
  43. "Nicol is Queen again". Women's World Open. 25 de novembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2010. Consultado o 02 de decembro de 2022. 
  44. "Nicol David keeps number 1, Vanessa drops to number 3.". Squash Talk. 1 de decembro de 2006. Archived from the original on 24 de outubro de 2007. Consultado o 02 de decembro de 2022. 
  45. "Comeback Queen Rachael denies Nicol". Britishopensquash.com. 24 de setembro de 2007. Archived from the original on 14 de xuño de 2008. Consultado o 03 de decembro de 2022. 
  46. "Nicol Queen Nicol is out". Squashsite. 24 de outubro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2008. Consultado o 03 de decembro de 2022. 
  47. "Nicol David Voted Asian Sportswoman of the Year". Asian Squash Federation. 14 de decembro de 2007. Archived from the original on 20 de decembro de 2008. Consultado o 03 de decembro de 2022. 
  48. Gilmour, Rod (29 de decembro de 2008). "Nicol David caps perfect year by striving for perfection". The Daily Telegraph. 
  49. "Nicol David & Amr Shabana Retain Hong Kong Crowns". Shanghaisquash.com. 24 de novembro de 2008. Archived from the original on 16 de xullo de 2011. Consultado o 03 de decembro de 2022. 
  50. "Grainger brings David's marathon run to end". RNZ. 8 de marzo de 2009. 
  51. "$37,500 Women's Cayman Islands Open, South Sound Squash Club, Grand Cayman, Cayman Islands results.". Squash Info. 10 de maio de 2009. 
  52. "David strikes gold in Texas". Squashsite. 17 de maio de 2009. 
  53. "Two out of three ain't bad". Squashsite. 7 de xuño de 2009. 
  54. Singh, Aftar (25 de xullo de 2009). "Nicol David retains World Games crown". The Star. Archived from the original on 01 de setembro de 2009. Consultado o 04 de decembro de 2022. 
  55. "Nicol scores Singapore hat-trick". Squashsite. 8 de agosto de 2009. 
  56. Cubbins, Steve; Gommendy, Framboise (23 de novembro de 2009). "Jenny does it again, Rachael on top". Squashsite. 
  57. "Nicol David Revenge Leads To Malaysian Double In Chennai". Squash Info. 7 de marzo de 2010. 
  58. "Top Seeds Triumph In KL Open". Squash Info. 20 de marzo de 2010. 
  59. Eaton, Richard (22 de setembro de 2010). "David equals her sparring partners record". Squashsite. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2010. Consultado o 05 de decembro de 2022. 
  60. "Day Five – the Finals". Squashsite. 8 de outubro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2010. Consultado o 05 de decembro de 2022. 
  61. "Nicol David Celebrates Maiden Triumph In Mexico". Squash Info. 25 de outubro de 2010. 
  62. "Nicol David survives four match balls to win her eighth world title". Squash Match. 21 de decembro de 2014. 
  63. "PSA To Trial Changes In Women’s Tin Height - Professional Squash Association". 6 de xuño de 2015. 
  64. May Rostom (2 de marzo de 2017). "Making of a champion: Meet Egypt's leading ladies in squash". My Salaam. [Ligazón morta]
  65. "Sobhy: Injury Provided me Mental Strength to Deal with Tour Suspension - Professional Squash Association". PSA World Tour. 15 de xullo de 2020. 
  66. "Nicol David mettra un terme à sa carrière à la fin de la saison". L'Équipe. 19 de febreiro de 2019. 
  67. "Nicol David's career comes to end with British Open exit". The Star. 21 de maio de 2019. 
  68. "Nicol David Organisation offers subsidised squash coaching and English classes". World Squash. 14 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]