My Best Friend's Wedding

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

My Best Friend's Wedding
Ficha técnica
Título orixinalMy Best Friend's Wedding
DirectorP.J. Hogan
ProdutorJerry Zucker
Ronald Bass
Gil Netter
Patricia Whitcher
GuiónRonald Bass
IntérpretesJulia Roberts
Dermot Mulroney
Cameron Diaz
Rupert Everett
Philip Bosco
M. Emmet Walsh
Rachel Griffiths
Carrie Preston
Susan Sullivan
MúsicaJames Newton Howard
FotografíaLászló Kovács
MontaxeGarth Craven
Lisa Fruchtman
EstudioZucker Brothers Productions
DistribuidoraTriStar Pictures
Estrea20 de xuño de 1997
Duración105 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia, romántico
Orzamento$38.000.000[1]
Recadación$299.288.605
Na rede
IMDB: tt0119738 Filmaffinity: 515193 Allocine: 10439 Rottentomatoes: m/my_best_friends_wedding Mojo: mybestfriendswedding Allmovie: v154941 TCM: 328900 Metacritic: movie/my-best-friends-wedding TV.com: movies/my-best-friends-wedding
Discogs: 397160 Netlix: 1154359Editar o valor em Wikidata

My Best Friend's Wedding é un filme estadounidense dirixido por P.J. Hogan que se estreou en 1997. Está protagonizado por Julia Roberts, Dermot Mulroney, Cameron Diaz, Rupert Everett, Philip Bosco, M. Emmet Walsh, Rachel Griffiths, Carrie Preston e Susan Sullivan.

O filme recibiu críticas positivas e está considerado un dos máis famosos da carreira de Julia Roberts (sendo o outro Pretty Woman).[2] Commercialmente, foi un grande éxito e un dos filmes con maior recadación de 1997.[3]

A canción "I Say a Little Prayer (For You)", interpretada por Diana King e forma parte da banda sonora, o que o converteu nun éxito da Billboard Top 100. A banda sonora contén moitas cancións de Burt Bacharach/Hal David.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Julianne Potter, unha crítica gastronómica, decátase de que está namorada do seu mellor amigo xusto o día que el a chama para anunciarlle que vai casar cunha rapaza da alta sociedade. Só dispón de tres días para artellar un plan que lle permita rematar coa voda.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 1997: Nomeado ó Oscar: Mellor banda sonora orixinal (Comedia ou Musical).
  • 1997: 3 nomeamentos ó Globo de Ouro: Filme comedia, actriz comedia e actor secundario.
  • 1997: Nomeado ós premios BAFTA: Mellor actor secundario (Rupert Everett).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. Mandell, Zack (18 de maio de 2012). "Julia Roberts' Romantic Comedy Career Flourishes with Time". Yahoo! Voices. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2014. 
  3. "1997 Worldwide Grosses". Box Office Mojo. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]