Municipalidade de Tølløse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tølløse foi un municipio do condado Vestsjællands, Dinamarca que como consecuencia da Kommunalreformen (reforma municipal) do 1 de xaneiro de 2007 deixou de existir. O municipio cubría unha área de 126 km², e tiña unha poboación total de 9.832 habitantes (2005). O seu último alcalde foi Poul Erik Jensen, membro de Det Radikale Venstre). A cidade principal e o sitio do seu consello municipal é a cidade de Tølløse. Combinouse cos municipios de Holbæk, Jernløse, Svinninge e Tornved para formar a nova municipalidade de Holbæk que ten unha área de 583 km² e unha poboación total de 66.611 habitantes (2005). O novo municipio pertence á nova rexión de Sjælland.