Movemento polos dereitos animais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O movemento polos dereitos animais, é un movemento social que busca un fin á distinción moral e legal que hoxe en día se realiza entre os seres humanos e os animais non humanos, e que tería como finalidade, entre outras cousas, o fin do seu uso para comida, roupa, e nas industrias de lecer. Deste xeito, emprégase o termo "dereitos animais" (e non "dereitos dos animais") cun sentido semellante ao que tería o termo "dereitos humanos".

É un dos poucos exemplos dun movemento social que foi creado polos debates filosóficos.[1] Se ben os seus precedentes históricos teñen sido moi numerosos, considérase que no mundo contemporáneo fixo aparición a raíz da aparición do termo "especismo", que foi acuñado en 1970 por Richard Ryder, e que sería semellante a "racismo" e "sexismo".[2] Posteriormente este termo popularizouno o libro de Peter Singer, Liberación Animal.[3]

Os obxectivos deste movemento consisten en incluír aos animais na comunidade moral e en dar un mesmo respecto aos seus intereses e os dos seres humanos. No campo legal deféndese darl aos animais personalidade legal e dereitos legais que protexan os seus intereses básicos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Animal rights," Encyclopædia Britannica, 2007.
  2. Ryder, Richard D. "All beings that feel pain deserve human rights", The Guardian, August 6, 2005.
  3. Singer, Peter. 2011. Liberación Animal. Madrid: Taurus