Monitor forma de onda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un monitor forma de onda (MFO) é instrumento de medida utilizado en televisión para ver e medir o sinal de vídeo. É realmente un osciloscopio especializado no sinal de televisión. A súa base de tempos está deseñada para adaptarse aos tempos típicos deste sinal e ver as partes de interese do mesma dun xeito fácil e sinxelo.

Monitor forma de onda e vectoscopio.

Base de tempos[editar | editar a fonte]

A base de tempos proporciona diferentes tempos para os varridos do feixe na pantalla. Divídese en dúas partes fundamentais, a correspondente á representación das liñas, mostrando unha ou dous liñas por cada varrido do feixe, e a representación de campos, onde tamén se poden mostrar un ou dous campos por cada varrido do feixe. A estas partes fundamentais da base de tempos únenselle certas posibilidades destinadas á realización dalgunhas medidas concretas ou a facilitar a visualización dalgunha zona concreta do sinal. Así pois, pódese ampliar o varrido magnificando o sinal representado e facilitando a observación e medida dalgunha das súas partes, como pode ser o sincronismo.

Normalmente existe a posibilidade de poder seleccionar liña a liña e incluso unha liña en concreto. Esta posibilidade de selección complétase cunha saída de monitoreado, normalmente chamada "pix monitor" onde se ve resaltada, sobre un monitor de TV, a liña que se representa na pantalla do instrumento. Adóitase poder seleccionar desta maneira un grupo de 15 liñas. Algúns aparatos incorporan cursores e posibilidade de comparación por sectores da onda representada.

Vertical[editar | editar a fonte]

A sección vertical do aparato consta unicamente dun amplificador vertical ao cal se lle conmutan dúas entradas de vídeo, opcionalmente unha terceira de alta impedancia, as cales poden ser acopladas en continua ou en alterna. O control da amplitude está deseñado de tal forma que na súa posición normal o sinal de vídeo ocupa comodamente a pantalla cunhas barras de cor (nótese que o sinal de vídeo ten unha amplitude dun voltio pico a pico, correspondendo de 0V a 0,7V a amplitude propia do sinal de imaxe e de 0V a -0,3V a amplitude do sincronismo). Ten varias posicións dunha determinada ganancia así como un control linear da mesma, que facilita a realización das diferentes medidas estándar que se acostuman realizar.

Unha batería de filtros pasa baixos e pasa banda permítennos ver os diferentes sinais que compoñen o sinal de vídeo, en particular a luminancia e a crominancia así como a realización dalgunha medida concreta. Compleméntase cun sistema de restauración do compoñente de continua que poida portar o sinal.

Instrumento combinado con MFO e vectoscopio.

Outros controis[editar | editar a fonte]

Como calquera outro osciloscopio consta dos controis de brillo, foco, iluminación da escala e posicionamento.

Outros tipos de MFO[editar | editar a fonte]

Se basicamente todos os monitores forma de onda son iguais, hai moitos deles que veñen combinados cun vectoscopio e con outros aparatos de medida. A popularización do vídeo dixital SDI esixe que os MFO poidan representar dito sinal. A maioría deles representa o sinal de vídeo unha vez decodificado, pero é normal que tamén poidan representar o diagrama de ollo do sinal SDI e incluso os datos e erros que se producen na transmisión deste sinal. Acostuman complementarse con outra serie de carátulas e representacións, como o diagrama raio, o diamante, o booting, a presentación fronteira, etc; que se utilizan para a realización de medidas específicas e a determinación de erros de gamut.