Momotombo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Momotombo
Momotombo.jpg
Elevación: 1.297 m (4.255 pés)
Coordenadas: 12,422 N  ; 86.540 O
Localización: Nicaragua
Tipo: Estratovolcán
Últimas erupcións: 1905

O volcán Momotombo é un volcán nicaraguano, situado cerca da cidade de León. Está situado nas ribeiras do Lago Managua. Unha erupción volcánica en 1610 destruíu un antigo poboado español próximo, e as súas ruínas aínda permanecen en León Viejo.

A montaña é moi simétrica, e a súa forma é un dos símbolos de Nicaragua que aparece ilustrando desde caixas de mistos a murais revolucionarios.

En decembro de 2005 o volcán ofreceu nova actividade sísmica, 3 graos na escala de Richter, mais non ocasionou danos materiais nin ningunha vítima.