Modelo científico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un modelo científico pódese considerar como unha forma de simplificar os comportamentos que se están a dar constantemente na natureza. Neste modelo búscase principalmente unha hipótese que dea resposta a un fenómeno ou comportamento presente na natureza. Para poder chegar ao final do estudo e conseguir un modelo científico, os científicos acostuman a empregar o "método hipotético-dedutivo".

Principios históricos[editar | editar a fonte]

A idea de modelo científico xurdiu xa na Idade Moderna (a partir do século XVI) da man do chamado método científico. O modelo científico xurde nesta época como unha forma de intentar dar explicacións ao que pasaba na natureza e dar resposta a todos aqueles fenómenos que acontecían nela. Na ciencia o modelo científico é unha idealización do fenómeno estudado.

Moitos foron os creadores de modelos científicos ao longo de séculos, pero cabe destacar a Galileo no XVI, Newton no XVIII e Einstein no XX.

Tipos de modelos científicos[editar | editar a fonte]

  1. Modelos físicos: son utilizados no campo da física; polo tanto son simplificacións matemáticas da realidade.
  2. Modelos matemáticos: Son utilizados no campo das matemáticas; polo tanto son simplificacións matemáticas. Poden dividirse en seis, que son:
    1. Modelos de simulación conceptual
    2. Modelos de simulación estocásticos
    3. Modelos optimizantes
    4. Modelos númericos
    5. Modelos analóxicos
  3. Modelos conceptuais: son utilizados nun amplio campo de estudos. Exemplos destes son:
    1. O modelo atómico de Bohr

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]