Micrófono de capacidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un micrófono de capacidade, tamén chamado micrófono electroestático, é un tipo de micrófono que emprega coma transdutor dúas membranas, unha fixa (posterior) e outra móbil que está separada da outra por unha capa de aire (formando unha especie de condensador, que vai alimentado por unha tensión externa chamada alimentación pantasma). Ao producirse unha variación na presión, a membrana superior desprázase, reducindo a capacidade do condensador e provocando a variación da tensión que circula por el. O condensador vai conectado a un preamplificador que adapta a impedancia deste (pois é moi alta) e tamén amplía o nivel do sinal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]