Metritiski Areena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metritiski Areena
Datos
LocalizaciónHämeenlinna, Finlandia Finlandia
Construción
Inauguración1992
Estadio
Capacidade700 persoas
LocalíaHPK Kiekkonaiset

O Metritiski Areena é un estadio de hóckey sobre xeo da cidade de Hämeenlinna (Finlandia). O estadio ten capacidade para 700 persoas nas bancadas e nel xoga os seus partidos como local o equipo feminino de HPK, ademais de ser empregado para a práctica de patinaxe artística sobre xeo. Está situada ao carón do Pohjantähti Areena, ao cal está conectado.[1] Foi construído en 1992.[2]

En 2009 foi escenario do Campionato do Mundo Feminino de hóckey sobre xeo, no que participaron nove países.[3]

En maio de 2019 detectáronse problemas estruturais no teito do estadio que motivaron a súa clausura temporal para a súa revisión ao longo dese mesmo verán, reabrindo en setembro de acordo coa normativa.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "METRITISKI-AREENA" (en finés). liikuntahallit.fi. Consultado o 15 de outubro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Tiirikainen, Ville (4 de setembro de 2019). "Käyttökieltoon asetetun Metritiski-areenan kausi käynnistyy normaalisti". Yle Uusiset (en finés). Consultado o 15 de outubro de 2022. 
  3. "POHJANTÄHTI AREENA" (en finés). Hämeenlinnan Pallokerho. Consultado o 15 de outubro de 2022.