Meimendro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Meimendro
Hyoscyamus niger - Köhler–s Medizinal-Pflanzen-073.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Solanales
Familia: Solanaceae
Subfamilia: Solanoideae
Tribo: Hyoscyameae
Xénero: Hyoscyamus
Especie: H. niger
Nome binomial
Hyoscyamus niger
L.
Hyoscyamus niger

O meimendro (Hyoscyamus niger), coñecido tamén como arangaño, beleño, cardo velliño e herba dos areixos, é unha planta arbustiva da familia das solanáceas orixinaria de Eurasia na actualidade distribúese por todo o mundo, medra nas gabias e nas depresións pedregosas, pode chegar ao metro de altura, as súas follas son anchas e peludas e as flores amarelas ou vermellas. Os seus froitos son tóxicos provocando alucinacións.

É unha herba das Meigas, dende sempre foi empregada na meiguería para entrar en trance e viaxar a outros mundos, así coma o aquelarre. A herba contén alcaloides velenosos e alucinóxenos como a hiosciamina e a escopolamina.