Marilú Padua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaMarilú Padua
Biografía
Datos persoais
ResidenciaIxtapaluca Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista polos dereitos das traballadoras domésticas , traballadora doméstica Editar o valor em Wikidata
Membro de

Marilú Padua, de nome completo María de la Luz Padua Orihuela, é unha activista dos dereitos humanos mexicana e a Secretaria de Xénero e Dereitos Humanos do Sindicato Nacional de Traballadoras do Fogar, unha organización que ten como obxectivo defender os dereitos das traballadoras do fogar en México. Nesta organización é a responsable do programa de colocación. Liderou a campaña "Voces dos defensores", que creou comunicados de prensa e outros medios para meter presión ós gobernos para que respondan á pandemia da COVID-19 tendo en conta os dereitos humanos.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Padua traballou como empregada doméstica antes de unirse ó Sindicato Nacional de Traballadoras Domésticas e converterse na Secretaria de Xénero e Dereitos Humanos do sindicato. Ademais, estivo a cargo do programa de colocación.[2] Logo converteuse na Secretaria Xeral do sindicato, dirixindo os seus esforzos.[1]

Durante a pandemia da COVID-19, Padua buscou sacar á luz os desafíos que afrontan as traballadoras domésticas e as prácticas inxustas ou perigosas que desenvolveron os seus empregadores. Entre as súas preocupacións estaban o equipo de protección persoal para protexerse contra os produtos químicos utilizados na desinfección e limpeza, a falta de seguridade no traballo, a exposición ás persoas en risco de COVID-19, a falta de horas extra pagadas para novas responsabilidades relacionadas coa pandemia e as novas dificultades de ter que coidar ós nenos que xa non asisten á escola en persoa.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2020, Padua foi recoñecida pola Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos como Líder Rexional pola súa defensa dos dereitos humanos e a súa campaña "Voces dos defensores" en particular.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Mexico: Marilú Padua chosen by the UN as a human rights defender". Domestic Workers at the Front-Lines (37) (IDWF). 14 de agosto de 2020. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2021. Consultado o 10 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "MARILU PADUA ORIHUELA – Méxicos Posibles" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2021. Consultado o 2021-03-10. 
  3. 3,0 3,1 Rangel, Luz (20 de marzo de 2020). "Trabajadoras del hogar no son inmunes" [As traballadoras do fogar non son inmunes]. Mas Reformas Mejor Trabajo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2021. Consultado o 10 de marzo de 2021.