Maria Artini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaria Artini
Biografía
Nacemento1894 Editar o valor em Wikidata
Milán, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte2 de agosto de 1951 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Milán Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiEttore Artini (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Maria Artini, nada en Milán en 1894 e finada o 2 de agosto de 1951, foi unha enxeñeira italiana, a primeira muller universitaria graduada en enxeñaría eléctrica en Italia, e a segunda muller licenciada da Escola Politécnica de Milán.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era a filla de Ettore Artini, director do Museo Cívico de Historia Natural en Milán e profesor de mineraloxía na Escola Politécnica de Milán, onde Maria se matriculou en 1912.

Graduouse en enxeñaría eléctrica cunha nota de 90/100 no ano 1918, converténdose na primeira muller enxeñeira eléctrica en Italia, e unicamente a segunda muller enxeñeira eléctrica da Escola Politécnica (despois de Gaetana Calvi que o fixera en 1913).[1]

Un ano despois da súa graduación Artini comezou a traballar en Edison, unha empresa enerxética con sede en Milán. Alí foi ascendida a cargos directivos e axudou a deseñar e construír a primeira liña eléctrica de alta voltaxe (130 kV) do país, na rexión de Brugherio-Parma.[2] Segundo Edison, "de 1936 a 1946 organizou e dirixiu a oficina de estatística de Edison, máis tarde regresou [como executiva] para ocuparse das liñas eléctricas de alta voltaxe [o novo 200 kW]."[2][3][4]

Para axudar outras mulleres en campos técnicos, en 1948 Artini suxeriu a formación dunha asociación de mulleres profesionais, e mesmo organizou unha serie de reunións cos seus colegas milaneses e turineses.[2][5] A pesar de que morreu antes de que puidera realizarse, a AIDIA (Asociación Italiana de Mulleres Enxeñeiras e Arquitectas) naceu o 26 de xaneiro de 1957, fundada pola enxeñeira Emma Strada (a súa primeira presidenta), Anna E. Armor, Adele Racheli e a arquitecta Vittoria Ilardi. Segundo Marina Francesca Altomare, a asociación continúa hoxe e "conta cun camiño pragado de éxitos, premios e honras". A Artini aínda se lle atribue a súa "idea brillante"[6]de formar a asociación.[7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Artini casou con Leonardo Maggi, quen é coñecido por ser un benefactor do Instituto de Cegos de Milán. O museo do Instituto aloxa unha fotografía de Artini na súa colección.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Artini, Maria, Scienza a due voci". scienzaa2voci.unibo.it. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2021. Consultado o 29 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 ""Maria Artini l enciclopedia delle donne"" (en italiano). Consultado o 30 de outubro de 2020. 
  3. "The success story of Maria Artini". Edison (en italiano). Consultado o 29 de outubro de 2020. 
  4. "Persone e Talento". Edison (en italiano). Consultado o 29 de outubro de 2020. 
  5. "Storia". www.aidia-italia.it. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. 
  6. Altomare, Marina Francesca (10 de abril de 2018). "Presentato alla Fidapa di Molfetta il volume Aidia 60 (architetti e ingegneri)". www.quindici-molfetta.it (en italiano). Consultado o 29 de outubro de 2020. 
  7. "Nel 1908 la prima donna ingegnere d'Italia al Politecnico di Torino | MATEpristem". matematica.unibocconi.it (en italiano). Consultado o 29 de outubro de 2020. 
  8. "Ritratto Femminile - Moglie del benefattore Maggi Leonardo dell'Istituto dei Ciechi di Milano - Maria Artini, Anonimo – Fotografie". www.lombardiabeniculturali.it. Consultado o 29 de outubro de 2020.