Marc Trilles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trilles
Información persoal
Nome Marc Trilles Gil
Nacemento 8 de agosto de 1991
Lugar de nacemento Vilafamés
Altura 1,87 m.
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Tarazona
Número 4
Carreira xuvenil
1999–2005 Vall d'Alba
2005–2010 Castellón
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2011 Castellón B 9 (1)
2010–2014 Castellón 99 (3)
2014–2015 Borriol 27 (3)
2015–2017 Atlético Saguntino 62 (0)
2017–2020 Lleida Esportiu 69 (0)
2020–2023 Gimnàstic 54 (1)
2023– Tarazona 19 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 19 de febreiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Marc Trilles Gil, nado en Vilafamés (Castelló), o 8 de agosto de 1991, é un futbolista español que xoga como defensa central no Tarazona, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Vall d'Alba, antes de ingresar en 2005 na canteira do Castellón.[1] Despois de pasar polas categorías inferiores e polo filial, debutou co primeiro equipo en 2010, na Segunda División, co equipo xa matematicamente descendido. Viviu os peores anos da historia do club, que foi descendido administrativo a Terceira e estivo a piques de desaparecer. Xogou no equipo orellut ata 2014, cando un enfrontamento co presidente David Cruz provocou que o seu contrato non fose renovado a pesar de ser un símbolo para os seareiros do club.[1][2][3]

Aínda que pensou en deixar o fútbol, acabou fichando polo Borriol, de Preferente,[1] onde xogou durante un ano, antes de militar durante dúas campañas no Atlético Saguntino, gañando un ascenso a Segunda B e unha Copa Federación. Entre 2017 e 2020 xogou co Lleida en Segunda B, pasando a continuación outros tres anos no Gimnàstic de Tarragona, antes de fichar en 2023 polo Tarazona.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Marc Trilles: "Sigo teniendo la ilusión de algún día volver a vestir de albinegro"" (en castelán). 14 de outubro de 2021. Consultado o 19 de febreiro de 2024. 
  2. "Una acalorada discusión con Cruz tras el entrenamiento motiva la inesperada baja a Marc Trilles". El Mundo (en castelán). 29 de xaneiro de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2024. 
  3. "Desencanto, desilusión y malestar entre la afición por la no renovación de Marc Trilles" (en castelán). 24 de maio de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2024. 
  4. "Marc Trilles y Isaac Amoah, nuevos fichajes de la SD Tarazona" (en castelán). 31 de xullo de 2023. Consultado o 19 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]