Manuel Ferreirós Batallán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Ferreirós Batallán

Manuel Ferreirós Batallán, finado en Pontevedra o 7 de abril de 1912, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Avogado en Poio. Membro do Partido Liberal, foi concelleiro de Pontevedra. En 1911 gañou as eleccións a deputado provincial por Pontevedra fronte a Celestino López de Castro.[1] Finou en Pontevedra o 7 de abril de 1912.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Lucía Oca Vila, e foi pai de María, Manuel, Lucía, Antonio e María del Carmen Ferreirós Oca. Foi avó de Carlos e Manuel Ferreirós Espinosa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Correspondencia Gallega, 13-3-1911, p. 2.
  2. Necrolóxica en El Diario de Pontevedra, 8-4-1912, p. 3.