Músculo oblicuo externo
O músculo oblicuo externo é un músculo da parede abdominal.
Índice |
Características [editar]
É o músculo máis superficial dos músculos do plano antero-lateral da parede abdominal. Está inmediatamente por debaixo da fascia superficial. As súas febras están dispostas lateralmente e seguen unha dirección infero-interna. A súa aponeurose cobre a parte anterior da parede abdominal ata a liña media. Preto da liña media, a aponeurose de ambos lados únese coa oposta formando a liña alba, que se estende en vertical dende a apófise xifoidea ata a pube.
Estruturas relacionadas [editar]
O oblicuo externo ancórase a diversas estruturas por medio de varios ligamentos. O bordo inferior da aponeurose únese ao ligamento inguinal. Esta unión áchase reforzada pola existencia dun ligamento lacunar, que se estende dende o ligamento inguinal ata a crista pectínea da cadeira. Outras febras esténdense do ligamento lacunar ata a pube para constituír o ligamento pectíneo ou de Cooper.
Función [editar]
Recobre a parte anterior e lateral do abdome.
Vascularización e innervación [editar]
A parte superior é vascularizada por vasos intercostais, mentres que a parte inferior recibe aporte sanguíneo de varios vasos ilíacos. A inervación procede dos nervios intercostais e do nervio subcostal.