Módulo de Thiele

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O módulo de Thiele desenvolveuno E.W. Thiele no seu artigo Relación entre o tamaño e a actividade catalizadora dunha partícula en 1939.[1] Thiele razoou que cun tamaño de partícula suficientemente grande, a velocidade de reacción é tan rápida que as forzas de difusión só son capaces de levar produto fóra dende a superficie da partícula de catalizador. O módulo de Thiele desenvolveuse para describir a relación entre a difusión e a velocidade de reacción en partículas de catalizadores porosos sen limitacións de transferencia da masa. Este valor emprégase polo xeral para determinar o valor do factor de efectividade en partículas de catalizador.

O módulo de Thiele represéntase con diferentes símbolos en diferentes textos, mais Hill[2] defíneo como hT.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Thiele, E.W. Relation between catalytic activity and size of particle. Industrial and Engineering Chemistry, 31 (1939), pp. 916–920
  2. Hill, C. An Introduction to Chemical Engineering and Reactor Design. John Wiley & Sons, Inc. 1977, 440-446.