Mástique

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O mástique.
Gotaq.jpg

O mástique é unha resina obtida do lentisco (Pistacia lentiscus). A resina véndese no mercado en forma de gotas ou lágrimas arredondadas, de arredor de 5 mm de diámetro.[1]

É amarela clara, bastante brillante, ficando máis opaca co tempo. Pode ser quebradiza, mais amolece coas baixas temperaturas. O mástique fresco disólvese en alcol e esencia de terebintina, formando un verniz perfectamente claro, sendo insolúbel nas esencias minerais. A cidade grega de Mastichochoria é coñecida coma un importante centro produtor do mástique.

Emprégase xeralmente na construción, para reencher ocos, tapar xuntas estáticas ou con lixeiro movemento tales como: xuntas de carpintaría (madeira, aluminio e PVC) de obra, vidros, entre outras utilidades.

O mástique utilízase na gastronomía turca coma base do sorbete dondurma.

Notas[editar | editar a fonte]