Luis Mario Milla Alvendiz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1982 (41/42 anos) La Rinconada, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | deportista |
Lingua | Lingua castelá |
Luis Mario Milla Alvéndiz, nado en La Rinconada o 31 de decembro de 1982, é un árbitro de fútbol español, que milita na Segunda División. Pertence ao Comité Andaluz de Árbitros.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou no mundo da arbitraxe en 1998, pola influencia do seu cuñado, o tamén árbitro Abraham Ballano.[1] Foi subindo polas diferentes categorías do fútbol andaluz e na tempada 2012/13 debutou na Segunda División B. Despois de cinco anos na categoría de bronce, en 2017 conseguiu o ascenso a Segunda.[2] Dende entón acumula máis de 130 partidos na segunda categoría do fútbol español, entre eles dous da promoción de ascenso.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Federero, Antonio (6 de agosto de 2017). "Milla Alvendiz: "¿Segunda? Suena a sueño cumplido"" (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2023.
- ↑ "Milla Alvéndiz, reconocido por su ascenso a Segunda división" (en castelán). 13 de xullo de 2017. Consultado o 19 de decembro de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do árbitro en BDFutbol (en castelán).