Ludwig Scotty
| presidente de (país): | |
|---|---|
| Período de goberno: | 22 de xuño de 2004 - 19 de decembro de 2007 |
| Predecesor: | René Harris |
| Sucesor: | Marcus Stephen |
| Nado en: | 20 de xuño de 1948 |
| Lugar de nacemento: | Anabar, Nauru |
| Profesión: | avogado e político |
| Partido politico | - |
Ludwig Derangadage Scotty, nado o 22 de xuño de 1948, é un avogado e político que foi Presidente de Nauru entre o 29 de maio e o 8 de agosto de 2003 e de novo entre o 22 de xuño de 2004 e 19 de decembro de 2007.
Biografía [editar]
Ludwig Scotty naceu e creceu no distrito de Anabar, onde estudou ata o secundário. Estudou Dereito na Universidade do Pacífico Sur en Fidxi. O 15 de marzo de 1983 elixiuse para o parlamento de Nauru, representando Anabar. Posteriormente foi director do Banco de Nauru e da compañía de aviación Air Nauru.
Despois da curta administración de Derog Gioura, Scotty foi elixido presidente de Nauru con 10 votos a favor e 7 contrários. En agosto de 2003, por un voto de desconfianza do parlamento, foi destituído.
Entre 2003 e 2004 retornou ao parlamento de Nauru e permaneceu na oposición. No día 22 de xuño de 2004 retornou á presidencia cando un membro do goberno de Harris renunciou. Ludwig Scotty foi reelixido para o parlamento en outubro do mesmo ano, e a maioría dos seus aliados tamén. En seu segundo goberno tratou de reformar a economía.
O decembro de 2007 deixou novamente debido a un voto de desconfianza.
| presidente de Nauru | ||
|---|---|---|
Segue a: René Harris |
Ludwig Scotty | Precede a: Marcus Stephen |
| - | ||