Longford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Longford
An Longfort
Provincia Leinster
Condado condado de Longford
Área 1.091 km²
Poboación 13.000 aproximadamente hab.
Altitude 72 metros
Páxina web www.longfordcoco.ie
Localización de  Longford na Irlanda
53° 43' 37" N 07° 47' 59" O
Cidade da República de Irlanda Flag of Ireland.svg

Longford (An Longfort en irlandés) é unha vila do Condado de Longford, en Irlanda. É a capital do condado homónimo. Conta cunha poboación próxima aos 13.000 habitantes.

Nome[editar | editar a fonte]

O seu nome vén do irlandés long (barco) e phoirt (porto).

Historia[editar | editar a fonte]

Construída na veira do Río Camlin (derivado do gaélico "Cam line" - a liña quebrada) que é un afluente do Río Shannon. A vila foi fundada orixinalmente polos viquingos co nome de Long Phoirt. Os habitantes celtas de Éire non construíron ningunha vila, mais a zona estaba controlada por un clan local, que controlaba o Sur e a parte central do Condado de Longford (antigo Reino de Anghaile ou Annaly). A vila é ás veces coñecida tamén polo nome de Longphort Uí Fhearghail (Fort de O'Farrell), un priorato Dominicano fundado en 1400.

A catedral de St. Mel é a sé da diocese católica de Ardagh e Clonmacnoise, foi destruída por un incendio no Nadal de 2009.

Catedral de Longford.