Lockheed Martin C-130J Super Hercules

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lockheed Martin C-130J Super Hercules
Tipotransporte militar, repostaxe en voo
FabricanteLockheed Martin
Primeiro voo5 de abril de 1996
Introducido1999
Principais usuariosUSAF
Corpo de Marines
Produción1996 - presente
Unidades construídas500 (marzo de 2022)

O Lockheed Martin C-130J Super Hercules é un avión de transporte militar turbohélice de catro motores. O C-130J é unha actualización completa do Lockheed C-130 Hercules, con novos motores, cabina de voo e outros sistemas.

O C-130J é a versión máis nova do C-130 Hercules e a única fabricada no presente. En marzo de 2022 foran entregados 500 exemplares de C-130J a 26 operadores de 22 países.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hoyle, Craig. "C-130J deliveries pass 500 aircraft: we analyse type’s global fleet mix". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-05-12.