Linguaxe desprazada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Linguaxe desprazada:

  • concepto introducido por Bloomfield para designa-los actos da linguaxe referidos a suxeitos non ligados ó contexto inmediato dunha manifestación.

Cando o neno empeza a adquiri-la linguaxe, esta está ligada ó presente no período holofrásico (V. linguaxe, adquisición da) e os seus conceptos apártanse do estímulo orixinal. Esta capacidade para xerar unha ‘linguaxe desprazada’ evoluciona seguindo estadios definidos. A capacidade para o desprazamento ou referencia ó pasado, propia ou case exclusivamente da linguaxe humana, aparece antes cá referencia ó futuro.