Linguaxe bioprogramada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Linguaxe bioprogramada é un concepto introducido por Bickerton, en oposición ó mecanismo de adquisición da linguaxe de Chomsky.

O bioprograma de Bickerton fai referencia a un conxunto definido de estruturas e desenvolvementos estruturais. A adquisición da lingua nai consiste na reestruturación do bioprograma innato, co obxectivo de aproximarse á gramática adulta. Unha das críticas que se lle fan é que, na maioría dos sistemas de linguaxe adultos, non se atopan gran cantidade das categorías do bioprograma, feito que Bickerton explica sinalando que gran parte da gramática das chamadas linguas naturais é cultural e, polo tanto, a busca de proposicións universais con base biolóxica e psicolóxica é un erro.