Lingua xásica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xásico
Falado en: Hungrían
Rexións: Hungría central
Total de falantes: † Lingua morta
Familia: Indoeuropea
 Indoiranias
  Irania
   orientais
    orientais setentrionais
     Oseta antigo/alano
      Xásico
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Lingua morta
Regulado por: ---
Códigos de lingua
ISO 639-1: -
ISO 639-2: -
ISO 639-3: -
SIL: -

O Xásico ( en húngaro jász, en ruso jas) era en realidade un dialecto do oseto antigo ou alano falado por unha tribo alana nómade asentada en Hungría no século XIII. Xásico ven do iranio: Iyasi<Asi<As = alano. Esta última derivación pasa á lingua xeorxiana coma Os > Osset e de aí pasa ao ruso moderno coma oseto, por iso se lles chama osetos aos alanos de Iristán (Osetia), sendo preferible seguir a etimoloxía autóctona IR = alano.

O pobo xásico entrou en Hungría xunto cos Cumanos, fuxindo da presión dos tártaros. Foron admitidos polo rei húngaro Béla IV coa esperanza de poderían axudarlles na loita contra a invasión dos tártaros, pero a relación non foi boa entre a nobreza húngara e as tribos cumana-xásicas tendo que abandonar o país. Tras o fin da ocupación tártara regresaron e asentáronse na parte central da Chaira húngara. Durante os dous séculos seguintes foron asimilados pola poboación húngara e a súa lingua desapareceu, pero a identidade xásica consérvase, e parece ser que chegan a manter unha certa autonomía ata 1876. Preto dunha ducia de poboacións no centro de Hungría conservan aínda o nome da tribo: Jászberény, Jászárokszállás, Jászfényszaru, etc.

A única mostra literaria en lingua xásica foi atopada nos anos 50 na Biblioteca Nacional Húngara de Széchényi. Grazas as analoxías co iriano moderno (oseta) a lingua poido ser interpretada.

Relación entre o alano xásico e o iriano moderno[editar | editar a fonte]

A maioría das palabras xásicas son facilmente identificables co iriano:

Xásico Iriano Digoriano Galego
Асса асс ассæ (parrulo salvaxe) parrulo
Ban bon bon día
Basa bas basæ «похлебка»,
Вах bæх bæх cabalo
Carif sarv carv aceite
Cugan cigon pucheiro
Dan don don auga
Da teu
Docega dusgæ docgæ (vaca) vaca "дойная корова'
Fit fyd fid carne
Fus fys fus ovella
Gal gal gal touro
Gist ængezun «бродить», ængist "que comezou a fermentar" requeixo
Hecav xisaw xecaw dono
Huvar xor xwar millo
Huvas xos xwasæ feo (planta)
Jaika ajk ajka ovo
Каркеn kæf peixe, caviar
Каrак kаrk kаrk galiña
Karbac kcervæz (вид ячменя) cebada
Kasa kash kasæ — «каша»,
Kurajna kwyroj kurojnæ muíño
K’ever k’æbær k’æbær pan
Manavona mænæw mænæwæ trigo
Na noso
Odok widyg jedug
Oras wæras — «квас»,
Osa us osæ muller
Qaz qazh qaz ganso
Sabar «овес»
Saka sægh sæghæ
Sana sæn sænæ viño
Tabac tæbæg' tæbæg' prato
Vas wæss — «теленок»,

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • www.Iratta.com [1] Páxina sobre os alanos antigos e modernos (en ruso).