Lingua abujmaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O abujmaria é unha dialecto do Maria falado na India pola tribo Abujh Maria.

Distribución xeográfica e falantes[editar | editar a fonte]

A principal zona onde se fala o dialecto coñécese como bloque Abujh Maria, na rexión de Narayanpur, no distrito de Bastar, en Madhya Pradesh. Está formada por 200 aldeas e ten unha poboación, coa rexión de Bijapur do mesmo distrito, de 17.000 habitantes. No distrito de Gadchiroli, Maharashtra hai outros 31.000 falantes. En total 50.000 falantes, pero outras fontes afirman que poderían ser 100.000.

Escrita[editar | editar a fonte]

Publicáronse unha gramática e un dicionario, non hai literatura en abujmaria

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]