Lingua abrón
O abrón é unha lingua kwa, pertencente ao grupo akan falada en Gana e Costa do Marfil
ISO/DIS 639-3: abr
Índice |
Distribución xeográfica [editar]
No suroeste de Gana concéntrase case o 80% dos falantes de abrón, o 20% restante vive na rexión de Costa do Marfil fronteiriza con Gana.
Falantes [editar]
1.181.700 (2003)
Escrita e usos sociais [editar]
En 1962 tradúcese a Biblia e dende 1975 apareceron diversas obras didácticas para a aprendizaxe do abrón. En 1999 creouse a organización Sannbefa, coa pretensión de promover as linguas tradicionais de Costa do Marfil, especialmente o abrón, puxo en marcha catro centros de alfabetización para adultos en abrón e publicou diversos manuais didácticos e culturais en abrón (Guide d'orthographe abron (1999), Je veux apprendre la langue abron (2000) para facer fronte á perda lingüística en favor do francés nas vilas abrón de Costa do Marfil.