Ligamento supraescapular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ligamento transverso da escápula»)
Ligamentos da articulación acromioclavicular.

O ligamento supraescapular, transverso da escápula ou superior transverso é un ligamento do membro superior humano, pertencente á articulación acromioclavicular, localizada no ombreiro. Converte a incisura escapular nun burato, polo que discorre o nervio supraescapular. Ás veces áchase osificado.

O bordo superior do ligamento está relacionado coa arteria supraescapular.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.