Letrínidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lethrinidae»)
Lethrinus harak

Os Letrínidos (Lethrinidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por augas tropicais do Indopacífico occidental, aínda que a especie Lethrinus atlanticus se estende pola costa de África occidental, incluído o Mediterráneo.

Características[editar | editar a fonte]

Corpo oblongo e comprimido. Unha aleta dorsal continua, con 10 espiñas e 8-10 radios brandos; a anal con 3 espiñas e 8-10 radios brandos; as pectorais longas e puntiagudas; as pélvicas de inserción torácida, cunha espiña e 5 radios brandos; caudal fendida.

Son peixes carnívoros que se alimentan no fondo de mares costeiros, principalmente cerca dos arrecifes de coral; algunhas especies posúen fortes molares cos que trituran as cunchas dos moluscos.

Varias especies son hermafroditas protoxinos (é dicir, con inversión de sexo de femias a machos).

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídese en dúas subfamilias e cinco xéneros:

  • Subfamilia Lethrininae:
    • Xénero Lethrinus (CuvierDesam, 1829)
  • Subfamilia Monotaxinae:
    • Xénero Gnathodentex (Bleeker, 1873)
    • Xénero Gymnocranius (Klunzinger, 1870)
    • Xénero Monotaxis (peces) (Bennett, 1830 )
    • Xénero Wattsia (Chan e Chilvers, 1974)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]