Lam Ka Wai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lam Ka Wai, nado o 5 de xuño de 1985 en Hong Kong, é un futbolista de Hong Kong que xoga no medio campo, de categoría internacional xoga coa Selección nacional de fútbol de Hong Kong desde 2005

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedente das categorías inferiores do Yee Hope, principiou a súa carreira profesional en 2002 cos Rangers, inmediatamente foi prestado ó Flower, e en 2003 ó Kitchee. Volveu cos Rangers en 2004 e en 2005 a selección nacional convocouno para o Campionato de Fútbol de Asia Oriental. En 2008 foi transferido para o Kitchee.