Lagartijo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Lagartijo | |
|---|---|
| Busto de Lagartijo en Córdoba. | |
| Nacemento: | 27 de novembro de 1841 Córdoba |
| Falecemento: | 1 de agosto de 1900 Córdoba |
| Nacionalidade: | |
| Ocupación: | toureiro |
Rafael Molina Sánchez, coñecido como Lagartijo, nado en Córdoba o 27 de novembro de 1841 e finado en Córdoba o 1 de agosto de 1900, foi un toureiro español. É coñecido como o Gran Califa, título honorifico que comparte con outros catro toureiros cordobeses co nome de Califas do Toureo. Durante a súa carreira mantivo unha gran rivalidade cos toureiros Frascuelo e Rafael Guerra, Guerrita.