La Unión Galaica
La Unión Galaica foi un semanario que se editou en Lisboa entre 1895 e 1896.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Semanario defensor de los intereses generales de la colonia gallega, apareceu en 1895. Dirixido por Ricardo Miser. Incluía novas sobre Galicia e España, referencias á situación internacional e información das actividades da emigración galega na capital lusa. Entre os seus colaboradores figurou Víctor Silva Posada. Aínda se publicaba en novembro de 1896[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Regional, 22-11-1896, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 92. ISBN 84-87172-30-X.