La Revue de Catalogne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Revue de Catalogne foi unha revista que se publicou en Marsella en 1929 centrada na cultura catalá.

Características[editar | editar a fonte]

Fundouse en marzo de 1929 dirixida e editada por Pierre Rouquette e artellábase en oito seccións: "Revue des Revue catalanes", "Les Lettres", "L'Érudition", "L'Humanisme", "La Musique catalane", "Le Théatre", "Les Arts"  e "La Catalogne à l'étranger". A meirande parte dos colaboradores eran franceses, mais tamén participaron xornalistas e escritores cataláns. Importante foi o apoio do escritor e político mallorquí Joan Estelrich, moi ligado ao líder da Lliga Regionalista Francesc Cambó. A intención era publicala mensualmente pero só saíron cinco números, o derradeiro o 1 de agosto. 

A revista centrábase na cultura catalá en todos os seus aspectos, dende a literatura á música pasando polas artes. Publicada integramente en lingua francesa, Roquette quería que fose o trazo de unión entre Cataluña e a elite internacional. Tecnicamente a revista inspirábase no formato de  La Nova Revista (1927-1929), revista cultural dirixida por Josep Maria Junoy. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Coll-Vinent, Sílvia: Joan Estelrich i la cultura europea del seu temps, dins de Jornades d’estudi sobre Joan Estelrich. Palma, 2008.
  • Grau, Pierre, L’aide des Occitants aux intellectuels catalans, dins de Les exils catalans en France. París, 2005.
  • ARCA: http://mdc2.cbuc.cat/cdm/search/collection/recatalogne
  • Biografía Joan Estelrich. Wikipedia: Joan Estelrich i Artigues