La Concordia (Monforte de Lemos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Concordia
LocalidadeMonforte de Lemos
editar datos en Wikidata ]

La Concordia foi un semanario editado en Monforte de Lemos entre 1902 e 1903.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario defensor de los intereses locales, apareceu en maio de 1902.[1] Dirixido por Ramón Álvarez García, o redactor e administrador era José Ramón Lence. Publicaba información local, pero tamén de fora da bisbarra e sobre todo de ultramar; dedicaba moito espazo ás notas de sociedade. Contiña as seccións La Semana, Croniquilla, Del Consistorio e Anuncios Telegráficos. Trala morte do seu director en xaneiro de 1903, cesou a súa publicación en febreiro dese ano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Norte de Galicia, 6-5-1902, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Baamonde, Miguel Ángel (1994). Medio siglo de periodismo monfortino. Lugo: Deputación Provincial. p. 100. ISBN 84-8192-024-X. 
  • Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 217–218. ISBN 84-8192-110-6.