LMFAO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LMFAO
LMFAO - Live Walmart (1).jpg
Orixe Los Angeles, California, Flag of the United States.svg
Período 2006 - 2012 (en hiato)
Xénero(s) electropop, dance pop, hip house
Selo(s) discográfico(s) will.i.am Music, Cherrytree, Interscope Records
Membros Redfoo (Stefan Gordy)
SkyBlu (Skyler Gordy)
Na rede
http://www.lmfaomusic.com/

LMFAO é un dúo estadounidense de electropop composto por Redfoo (Stefan Kendal Gordy, nado o 5 de setembro de 1975) e SkyBlu (Skyler Austen Gordy, nado o 23 de agosto de 1986). Redfoo é o tío de SkyBlu, e o pai do primeiro é o músico Berry Gordy, fundador do selo Motown. RedFoo e SkyBlu medraron no próspero barrio de Los Angeles Pacific Palisades, onde formaron o grupo no ano 2006.

A parella ten dito que o seu nome orixinal era Sexe Dude (lido como Sexy Dudes) e que posteriormente cambiárono por consella da súa avoa. O nome actual é unha abreviación da xerga de internet para "Laughing My Fucking Ass Off", pero segundo eles, LMFAO ven de "Loving My Friends and Others". O grupo asinou un contrato con Interscope Records en novembro de 2008. Eles falan da súa música pop como "party rock", na que normalmente falan de temas como a ir de festa e beber.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]