Lóxica combinatoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lóxica combinatoria é unha notación introducida por Moses Schönfinkel e Haskell Curry para eliminar a necesidade de variables na lóxica matemática. Máis recentemente usouse na ciencia informática como un modelo teórico de computación e tamén como a base para o deseño de linguaxes de programación funcionais. Basease en combinadores, funcións de orde superior que utilizan unicamente a aplicación de funcións e eventualmente doutros combinadores para definir un resultado a partir dos seus argumentos.

A lóxica combinatoria pode ser vista como unha variedade do cálculo lambda nas que as expresións lambda son substituídas por por un limitado número de combinadores. O exemplo máis simple de combinador é I

(I x) = x