Kutina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kutina é unha localidade do centro de Croacia, a principal poboación na rexión montañosa de Moslavina, no condado Sisak-Moslavina. A vila propiamente dita ten 14.814 habitantes(2001), mentres a poboación do concello é de 24.597 habitantes. É un centro industrial baseado na industria petroquímica.