Kirovohrad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa do concello de Kirovohrad

Kirovohrad (en ucraíno Кіровогра́д, anteriormente Elisavetgrad) é unha cidade do centro de Ucraína, nas marxes do río Inhul, capital administrativa do óblast de Kirovohrad. A súa poboación é de 239.400 habitantes (2004).

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Desenvolveuse a mediados do século XVIII arredor dun asentamento militar. Ao longo da segunda metade do século XIX adquiriu prominencia ao se converter nun importante centro comercial. Na época soviética adquiriu o status de centro agrícola e da industria lixeira. A caída da URSS supuxo para a cidade unha diminución do potencial económico que volveu recuperarse en parte a partir de 2002.