Kick Off

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kick Off é un videoxogo desenvolvido por Anco para Atari ST en 1989, deseguida apareceu a versión para Amiga seguida das versións para Amstrad CPC, Atari 8-bit, Commodore 64, NES, SNES e ZX Spectrum.

A diferenza dos simuladores de fútbol anteriores a pelota non se pega ós xogadores senón que os xogadores teñen que ir empuxando a bóla na dirección que desexen que vaia, o que dá realismo ó xogo e contribuiu ó grande éxito do xogo, ó que seguiron varias secuelas. Ademais incorpora numerosas accións que poden suceder ó longo do xogo como faltas, penaltis, mostra de cartóns amarelos e vermellos, tácticas, cornes, etc. Poden participar de 1 a 4 xogadores elixindo entre diferentes categorías desde a internacional á liga xuvenil.