Kawasaki Ki-61
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
| Ki-61 Hien | |
|---|---|
| Hien | |
| Tipo | Caza |
| Fabricante | Kawasaki Aircraft |
| Primeiro voo | decembro de 1941 |
| Introducido | 1943 |
| Retirado | 1945 |
| Construídos | 3.078 |
| Variantes | Kawasaki Ki-100 |
O Kawasaki Ki-61 Hien (三式戦闘機, Sanshiki-sentōki, 飛燕, andoriña) foi un caza monopraza xaponés usado polo Exército Imperial durante a Segunda Guerra Mundial. Voou por primeira vez en decembro de 1941 e foi o único caza xaponés importante equipado cun motor lineal. Construíronse un total de 3.078 exemplares das súas diferentes versións. Foi alcumado "Tony" polos aliados.