Kawasaki Ki-45
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
| Ki-45 Toryu | |
|---|---|
| Ki-45 Toryu | |
| Tipo | Caza |
| Fabricante | Kawasaki |
| Deseñado por | Takeo Doi |
| Primeiro voo | 1939 |
| Retirado | 1945 |
| Construídos | 1.701 |
O Kawasaki Ki-45 Toryū (二式複座戦闘機 Nishiki-fukuza-sentōki, 屠龍, 二式複戦, 二式双戦; matadragóns) foi un caza bipraza xaponés usado durante a Segunda Guerra Mundial. O seu deseño deriva do bimotor Ki-38 de 1937. Fixo o seu primeiro voo en 1939, pero o seu deseño retrasouse pola insistencia do exército xaponés nas modificacións, comezando a súa produción a partir de outubro de 1941. Entrou en servizo finalmente en 1942. Foi alcumado "Nick" polos aliados e fabricáronse en total 1.701 exemplares.