Kawanishi N1K-J

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kawanishi N1K-J Shiden
Kawanishi N1K Shiden.jpg
N1K Shiden
Tipo Caza
Fabricante Kawanishi
Primeiro voo Agosto de 1942
Construídos 1.007

O Kawanishi N1K-J Shiden (luz violeta) foi un caza monopraza xaponés usado durante a Segunda Guerra Mundial. Proviña do hidroavión N1K1 que voou en agosto de 1942 e foi un dos mellores cazas terrestres da Armada Imperial. O deseño iniciouse en novembro de 1942 e o prototipo voou en xullo de 1943, entrando en servizo a comezos de 1944. Alcumado polos aliados como "George 11", fabricáronse 1.007 exemplares de tres versións distintas.

O N1K tiña armamento pesado e, raro nos cazas xaponeses, podía absorver danos considerables en combate. O N1K-J estaba igualado ao F6F Hellcat e era mellor que o A6M Zero contra avións como o F4U Corsair e o P-51 Mustang. A pesar das súas capacidades foi producido demasiado tarde e nun número insuficiente como para afectar ao resultado da guerra.