Karl Adolf Agardh
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karl Adolf Agardh, nado en Båstad o 13 de xaneiro de 1785 e finado en Karlstad o 28 de xaneiro de 1859, foi un botánico e bispo sueco.
Traxectoria[editar]
Estuda na universidade de Lund, onde ensina dende 1807 matemáticas, aínda que o seu intererese fundamental vai ser o estudo das algas, ás que clasificou cientificamente no seu Systema algarum. Obtén a cátedra de botánica e economía en 1812.
En 1817 vai ser elixido membro do Parlamento, e en 1837 foi nomeado bispo de Karlstad, o que supuxo a fin das súas investigacións científicas.
O seu fillo Jacob George Agardh foi igualmente un especialista en algas.
Obras[editar]
Synopsis algarum Scandinaviae, 1817
Aphorismi botanici, 1817-1826
Species algarum, 1821-1828
Systema algarum, 1824
Classes plantarum, 1825