K'inich K'uk' Bahlam II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaK'inich K'uk' Bahlam II

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoI milenio Editar o valor em Wikidata
Morteséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Ajaw de Palenque
4 de marzo de 764 – 783
← K'inich Kan Bahlam IIIWak Kimi Janaab' Pakal → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiK'inich Ahkal Mo' Naab III Editar o valor em Wikidata

K'inich K'uk' B'ahlam II ou K'inich K'uk Balam II foi un ahau ou gobernante maia do ajawlal ou señorío de B'aakal, cuxa sede era Lakam Ha', no presente coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque, no actual estado mexicano de Chiapas. Tamén é referido como Bahlum K'uk' II ou Mahk'ina Kuk. O seu nome pode ser traducido como Gran Sol Quetzal Xaguar ou Radiante Quetzal Xaguar. Gobernou do ano 764 ó 783.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de K'inich Ahkal Mo' Naab III e Ix Men Nik, tamén coñecida como Ix Sajal Juj.[2][3] De acordo ás inscricións atopadas en Palenque, o seu antecesor puido ser Upakal K'inich Janaab' Pakal de quen se descoñece a data final do seu goberno; porén, en Pomoná atopouse unha inscrición datada no ano 751 que se refire a un gobernante palencano a quen se chamou co nome de K'inich Kan Bahlam III.[4]

De acordo á conta longa do calendario maia, K'inich K'uk' B'ahlam II foi entronizado o 9.16.13.0.7 9 manik 15 uo, é dicir, o 4 de marzo do ano 764. Durante o seu goberno foron tallados o taboleiro dos 96 glifos e o taboleiro da creación. Ambos os taboleiros, pertencentes ó Período Clásico tardío, son considerados os mellores logros escultóricos de xeroglíficos maias pola facilidade e precisión coa que parecen ser tallados os bloques de pedra.[5] No taboleiro dos 96 glifos atópase escrita a cronoloxía dinástica de Palenque a partir de K'inich Janaab' Pakal. O sucesor de K'uk B'alam II foi Wak Kimi Janaab' Pakal.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Florescano, 2009; 235
  2. Skidmore, 2008; 80
  3. Stuart, 2010; 157
  4. Skidmore, 2008; 88
  5. Miller, 2009; 109
  6. Grube, 2006; 458

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]